O Sonoro Maxín

31/Oct/2017 - 11:50pm

O Sonoro Maxín

Ico: voces;Abraham "el niño": guitarra;Cristina Asenjo: acordeón;Xurxo Brea: baixo Jaime Mateo: batería e percusións; Miguel Xanceda: son en directo

O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, e a partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. A festa galópalles polas veas. En cada un dos seus concertos, estoupa a Galicia tropical. No 2011, O Sonoro Maxín publicou o seu primeiro disco e iniciou unha ampla xira titulada A Onda Sonora (chega do interior). Con A festa son eu!!, o grupo dera un paso máis na súa carreira para ofrecerlles aos seus espectadoresun intenso directo, no que se deron a coñecer novas cancións eco que O Sonoro Maxín demostrarán que, a súa onda, non deixa de se espallar nin de medrar e tampouco de sorprender. Agora, no 2017, chega un novo traballo co título Sete e dezasete na mesma liña cós anteriores: garantir a festa e ritmos que quenten o corpo desde a identidade galega.