MARÍA TORO PROJECT CICLO 1906

9/Jun/2018 - 11:50pm

MARÍA TORO PROJECT 11º CICLO 1906

María Toro: frauta; Moisés Sánchez: piano; Toño Miguel: baixo; Carlos López: batería.

María Toro nace en A Coruña e desde os oito anos non se separa da súa frauta. Tras obte-lo título supe- rior e facer incursións na música tradicional galega e portuguesa, comeza a interesarse polo jazz e por outras músicas populares; múdase entón para Madrid, no 2005, e combina o seu traballo cos estudos na Escuela de Música Creativa. Asiste a prestixiosos cursos en España e Europa, con Jorge Rossy, Peter Bernstein, Benny Golson… No 2006 entra no universo do flamenco e absorbe as referencias dos grandes do xénero, especialmente de Jorge Pardo. No 2011 trasládase a Nova York, catapulta definitiva para a súa carreira musical ao tocar e compartir escenario con artistas do talle de Jack DeJonette, Jean-Michel Pilc, Richard Bona… En marzo do 2012 entra a formar parte da compañía Flamencos on Route coa que fai xiras frecuentes por Suíza e Alemaña. En xullo do 2013 establécese no Rio de Janeiro e compaxina os seus traballos en Europa coa carreira musical en Nova York.