Luis Moro

22/Jan/2015 - 11:00pm

Luis Moro.Folk / rock

Luis Moro Mediados os anos noventa, Luis Moro iniciaba unha carreira musical. Con banda primeiro e en solitario despois, ademais de diversas colaboracións, foi mostrando as dimensións sonoras dun universo a cabalo entre o rock e o folk de raíces americanas, cal digno herdeiro de Jeff Buckley, Mark Lanegan, Calexico, Ani DiFranco e Bob Dylan. Tres discos e un EP comprende a súa música íntima e intensa. As fontes primeiras de inspiración permanecen intactas pero Luis Moro ofrece na súa versatilidade sonora e na súa voz persoal matices propios de difícil comparación. O aroma que destila o disco é fresco, manso, ás veces sobresaltado; sempre con tendencia a que as notas e as palabras provoquen relaxación e reflexión.