IV TRADILUCUS TIRULEQUE.REDE GALEGA

16/Jun/2018 - 11:00pm

IV TRADILUCUS TIRULEQUE. REDE GALEGA

Antón Bueno: contrabaixo e coros; Álex Fente: acordeón e coros; Jose A. Vázquez: gaitas, saxo, coros; Serxo Núñez: clarinete, gaita, voz; Fernando Román: saxo, clarinete, trompeta e coros; Miguel Horjales: caixa, outros instrumentos de percusión e coros; Luis García: bombo con pratos, outros instrumentos de percusión e coros.

Naceu no 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional cunhas inquedanzas compartidas. Actuou en festivais de prestixio como Ortigueira, Pardiñas, Beltaine, Festival Intercéltico de Lorient... Ten compartido escenario con Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Quempallou, Kepa Junkera… Nas súas actuacións están presentes instrumentos unidos á música tradicional galega, mais empregados ao seu xeito. Tiruleque interpreta, en certa maneira, a tradición, recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos, pero dando un paso máis alá no uso das tonalidades e modos. Discos: Tiruleque (2009), Mu!! (2013), Outro que tal baila (2018).