Interés Variable

5/Jan/2015 - 11:55pm

Interés Variable| Pop/rock | Ponferrada Pablo: batería; David Carrete: guitarra, voz; Álex: guitarra solista; Isi: baixo

Naceu como proxecto en xuño do 2010 e en Ponferrada, con letras en castelán e tendencia pop rock, da man de David Carrete (guitarra, voz, composición) e Mario Merayo. Na primavera do 2011, deixando atrás dificultades por falta de medios, conseguen estrea-la primeira formación. Iniciou esta unha etapa de actuacións pola zona do Bierzo que serviu para coller experiencia e consolidarse. En xaneiro do 2012, grava a súa primeira maqueta con seis temas aos que posteriormente se engadirían tres máis, todos colleita da banda e, como indica o nome desta, de estilo moi variable.