Gorilla Riot

6/Apr/2019 - 11:30pm

Gorilla Riot | Manchester (Inglaterra)

Arjun Bhishma: voz, guitarra; Liam Henry: guitarra, voz; Charly T.: guitarra, voz; James Degnen: baixo; David Thomas: batería

Gorilla Riot é unha máquina de rock blues sucio e lodoso. Integrada por cinco membros, toca un rock agudo, intenso e áspero baseado no blues e combina elementos de grunge, stoner e country para ofrecer un espectáculo rock de alta enerxía en directo. Formada en orixe polo frontman Arjun Bhishma, quen se rodeou do mellor talento de Manchester para a ocasión e creou unha fronte de ataque con tres potentes guitarras plenas de varias harmonías, o que coloca a banda no primeiro nivel. Gorilla Riot xa participou no famoso festival Ramblin' Man Fair no Rising Stage tras consegui-lo voto do público requirido para facelo. «Unha das mellores novas bandas de rock no Reino Unido agora mesmo» (Ramblin Man Fair). «Afiada e arrogante banda de rock!, Gorilla Riot, devolve a distorsión a favor da combinación atmosférica de capas acústicas, floreos eléctricos e voces. Exuberante guitarra solista tamén» (Classic Rock Magazine). Discografía: Gorilla Riot (LP, 2014), Eve Tapes (Live EP, 2014), Six Shots Down (EP, 2016), American Honey (EP, 2018).