Gato Mojado

27/Apr/2019 - 11:30pm

Gato Mojado | Blues rock | Madrid

Aparece a principios do 2015, cando o son do blues e do country, un ruído folk profundamente relacionado coas xentes humildes do campo e as cidades, se mestura coa actitude agresiva e descarada do punk. Nos seus inicios o gatomojado busca parecerse ás figuras dos bluesman tradicionais do Mississippi intentando traslada-las súas cancións á lingua de Cervantes. Nace o concepto blunk, blues punk en clave gatomojado

En abril do 2017 realízase a primeira gravación coa formación completa. Nace asi? La Moral del Perdedor, gravado e producido nos estudios Niculina Records (Murcia) polo ce?lebre mu?sico e compositor Santiago Campillo. Un disco gravado en directo, buscando o cla?sico son das bandas de rock sen perde-la frescura propia das actuacións ao vivo, cun luxo de colaboracións nas que se inclúen as do propio Campillo á pedal steel guitar e co slide. Un traballo que mostra un percorrido iro?nico e punzante polo drama humano onde o humor e a traxedia camiñan de mans dadas.