Freedonia. Soul

27/Nov/2014 - 11:00pm

Freedonia. Soul

Maika Sitte: voz; Luis Soler: trompeta; Álex Fernández: saxo tenor, frauta traveseira; David Pérez, Charro: saxo barítono; Israel Carmona: trombón; Ángel Pastor: guitarra eléctrica, harmónica; Roberto García: teclados; Fran Panadero: baixo eléctrico; Israel Checa: batería; Víctor Aceituno: outros instrumentos de percusión.

Freedonia

Soul. Unha banda con dez músicos que desbordan forza e sentimento no escenario. Caracterízase polo seu potente directo, responsable de que conte co apoio incondicional do público desde os seus inicios.
En setembro do 2013 Freedonia edita “Beggin’ you”, un single en formato 7” e CD, como adianto do seu próximo traballo. O single vén acompañado dunha versión moi persoal do clásico que popularizaron The Animals e Nina Simone: “Don’t let me be missunderstood”. A presentación de “Beggin’ you” ten lugar o 4 de outubro do 2013 na sala Joy Eslava de Madrid e Freedonia consegue de novo sell out as entradas con varios días de antelación. Este rotundo éxito supón un importante apoio para o labor da banda.