Foolmakers . IMPRO: Lusco e Fusco + The Momento Impro

7/Jun/2018 - 9:00pm

Foolmakers. 21 HORAS: Presentación disco "Un polbo en San Froilán"

Paula Cores: voz; Luís Vila: piano; Luís González: guitarra, voz; Isidro Gómez: batería; Carlos Doval: baixo

Grupo formado no 2013 por catro psiquiatras do HULA que se xuntaron co baixista Carlos Doval para tocar, nun principio, nas Jam Sessions que organiza Fábrica De Sons no Club Clavicémbalo, a donde sempre se sentiron moi vinculados. No 2013, estiveron no programa do Festival de Jazz de Lugo e posteriormente fixeron xiras por distintos locais galegos cós espectáculos “Cancións de amor e sorna-swing” “Non todo sorna, non todo swing” e “Glamour galego”. Asimesmo actuaron tres anos consecutivos nas festas de San Froilán de Lugo, gravando para o Concello de Lugo o tema “Un polbo en San Froilán”, para promoción das festas, e que da título ao seu primeiro disco que veñen a presentar ao Clavicémbalo. O seu repertorio está composto fundamentalmente por standards de jazz, traducidos ao galego as máis das veces e adaptados á “realidade galega” cun importante toque humorístico.

22:30 horas IMPRO: Lusco e Fusco + The Momento Impro