Foolmakers + Cherry Sweet

21/Dec/2019 - 10:30pm

FOOLMAKERS: Paula Cores: voz; Luís Vila: piano; Sergio Abuín: guitarra; José Angel Sánchez: batería; Carlos Doval: baixo

Grupo formado no 2013 inicialmente para tocar en JamSessions do Club Clavicémbalo. Posteriormente fixeron xiras por distintos locais galegos cós espectáculos “Cancións de amor e sorna-swing” “Non todo sorna, non todo swing” e “Glamour galego”. Asimesmo actuaron catro veces nas festas de San Froilán de Lugo, gravando para o Concello de Lugo o tema “Un polbo en San Froilán”, que tamén da nome ao seu primeiro disco. O seu repertorio está composto fundamentalmente por standards de jazz, traducidos ao galego as máis das veces e adaptados á “realidade galega” cun importante toque humorístico. Actualmente o grupo cambiou a súa formación quedando tres dos integrantes de sempre (dous son psiquiatras no HULA) e dous músicos novos, presentando novos temas e renovando algúns dos xa coñecidos

CHERRY SWEET: Sabela Cereijo, Sandra Lima e Laura Martínez, acompañadas do trío instrumental formado por Gustavo Hernán (contrabaixo),Isaac Garabatos (guitarra) e Diego Valero (batería) Voltan os anos 50 con Cherry Sweet!! As harmonías vocais destas tres grandes cantantes fannos viaxar a outro tempo cheo de glamour e swing. repasan grandes cancións de todos os tempos impregnándolles o seu característico son e elegancias tres voces galegas acompañadas do trío instrumental formado por contrabaixo, guitarra e batería repasan grandes cancións de todos os tempos impregnándolles o seu característico son e elegancia