Ezetaerre

15/Mar/2019 - 11:00pm

Ezetaerre

Ezetaerre somos un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A nosa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde compartimos estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil. Despois da publicación do longo Aspiracións mínimas e urxentes, o maxi 100 e varios singles («A herdanza do vento», «Non é verán de Estrella Damm» e «Esmorga Inferno»), agora presentamos Pólvora e tormenta, traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos trinta, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria. Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.