Eudemónicas

29/Nov/2014 - 11:55pm

Eudemónicas

Eudemónicas: grupo vocal que se acompaña de percusión tradicional galega. Pepa Yáñez (Liñaceira, Cabaret d’Aquí, Davide Salvado, María Castaña...): voz e percusión. Carolina Vázquez (Saltanocribo, Adufeiras de Salitre, Xabier Díaz e Kepa Junkera...): voz e percusión. Branca Villares (Liñaceira, María Castaña, Reviravolta, Son do Neira, Son de Cores...): voz e percusión. Coa colaboración de Pablo Pintor (Tiruleque, Xacarandaina) á gaita, á zanfona e ao clarinete.

Eudemónicas Tres mulleres. Tres voces. Seis mans... Apoiadas na nosa tradición musical, andamos na procura da felicidade… No camiño, fundíndonos co son da terra, percutimos e vibramos con madeiras e coiros, con metal enferruxado... Sementamos. Cultivamos vellas melodías e ás veces recollemos cantares novos. E ademais, gozamos a cada paso e facemos latexar todo canto nos rodea.