David Perdomo

9/May/2019 - 10:30pm

David Perdomo

Formouse en Casa Hamlet e na Compañía Estragón, con quen estivo de xira por toda España; especializouse despois no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Durante dous anos viaxa a Avignon ao Festival International de Théâtre a presentar traballos e aprender de mestres do talle de Leo Bassi. No 2009 crea xunto con Alberto castaño S Koruño, unha parodia da sociedade coruñesa coa que captou a atención dunha lexión de seguidores, arredor de cincuenta millóns en tódalas súas redes sociais. Nos últimos anos logrou renome na televisión autonómica en programas de tanto éxito como Land Rober e Ecce Perdomo, programa que volverá este 2019 para estrearse na Televisión de Galicia. Co paso dos anos, experiencia persoal e profesional servíronlle de escola para as súas actuacións estaren cada vez máis cargadas de franqueza e espontaneidade, facendo sempre sátira da sociedade. Tralo Perdomo Summer Tour deste verán, co que atravesou Galicia, e un bo puñado de actuacións outono-invernais no contaquilómetros, o artista coruñés continúa ofrecendo concertos ao tempo que prepara novos proxectos. A súa habitual incorrección converteuse en marca da casa e, unha vez máis, sexa cal sexa a posta en escena coa que se presente, has sentir.