CARMEN CONDE FALSA ALARMA. A DATA SEGUE A SER O 26

26/Dec/2014 - 11:59pm

CARMEN CONDE FALSA ALARMA. A DATA SEGUE A SER O 26

Presenta El Efecto Kuleshov, comedia unipersoal.

Aproveitando o seu décimo aniversario como humorista no mes de febreiro, –parabéns!–, Carmen Conde estreou o seu terceiro espectáculo de comedia unipersoal, El efecto Kuleshov. Facendo un percorrido polos distintos programas que nos ofrece unha grella televisiva, Carmen converterá ao público en testemuña de como avanza unha historia de humor altamente crítico con picos de inevitable absurdo. O espectador vaise sentir dono do mando a distancia, pero a moita distancia do mando. Esta vez, nada de disfraces. Hai ocasións nas que a mellor caracterización é simplemente a forma de conta-los acontecementos. Do deseño de son deste show encargouse Ezequiel Orol, o cabaleiro que vai “mete-lo público dentro da tele” con xeniais encabezamentos e efectos de son. Donas e cabaleiros… Axusten as súas cartas!