Cantata Vernácula

14/Mar/2015 - 11:55pm

Cantata Vernácula

Cantata Vernácula Este dúo de músicos desprexuízados está considerado pola crítica actual como o máximo expoñente da resurxente corrente denominada Nova Troba Truá. De feito, son os únicos representantes deste xénero. Se vostede quere escoitar boa música, e, aínda por riba, quere escachar de risa e gozar do humor e a retranca con letras novas e melodías do país, este é o seu grupo. Apto para todo tipo de público (celíacos, diabéticos, cirróticos...) este dúo humorístico musical galego é do máis saudable que se pode atopar vostede nas boticas do século XXI. No percorrer da súa xira polas terras do norte, Cantata Vernácula, co seu espectáculo Lástima de muchachos, achegarase a calquera punto xeográfico da Gallaecia, onde for (en inglés on the four). Non deixe escapar esta ocasión: Cantata Vernácula está de saldo, mais non de liquidación!