ALPARGATA.Rumba/cumbia/rock/jazz/funk...

13/Apr/2019 - 11:30pm

ALPARGATA.Rumba/cumbia/rock/jazz/funk...

Mario Boville: guitarra española, voz; Santi Cañete: baixo, voz; Ángel Cáceres: guitarra eléctrica; Jonathan Montoro: teclados; Jorge Vallejo: batería.

Alpargata é unha banda de fusión orixinaria de Madrid. A súa música abarca xéneros como rumba, rock progresivo, cumbia, funk e swing. O que distingue Alpargata doutros grupos contemporáneos é a súa actitude incendiaria no escenario, onde logra crear unha mestura explosiva de música, teatro e improvisación. Nos seus máis de dez anos de traxectoria —durante os cales tomou parte en festivais como Arenal Sound, Festival Revenidas (España), Bevrijdingsdag Wageningen e Tintse Zomerfeesten (Holanda)—, Alpargata cambiou de pel de diversas maneiras, adoptando como reto incorporar novos e diferentes estilos a cada unha das súas producións musicais, ata converterse nunha das bandas máis respectadas do underground madrileño con catro traballos discográficos ás súas costas e libro propio (Señora, se está usted colando, Zoográfico, 2013). Vén presenta-lo seu terceiro e máis ambicioso traballo discográfico, Subiendo de Nivel. Vén insistir no seu espírito independente e combativo. Neste álbum predomina o eclecticismo: trece cortes nos que a canción se alterna con elaboradas pasaxes instrumentais. Co característico humor surrealista das súas letras, verdadeiro fío condutor do disco, aborda temas tan delicados e diversos como o futuro da sociedade, a guerra das relixións, a invasión extraterrestre e a existencia de Deus