Alejandro Vargas “Chané”+Rosa Cedrón.Rede Galega

25/Oct/2019 - 11:30pm

Alejandro Vargas “Chané”+Rosa Cedrón. Rede Galega

Alejandro Vargas: piano e arranxos;José Manuel Díaz: contrabaixo e arranxos L.A.R. Legido: batería; Rosa Cedrón: voz

Concerto en formato de cuarteto sobre as músicas reinterpretadas do compositor José Castro “Chané” en clave de jazz cubano para presentar o disco que se lanzou este outono nun proxecto especial argallado por a Central Folque para conmemorar o centenario da morte do xenial músico. Este concerto do Alejandro Vargas Trio coa cantante Rosa Cedrón fai un repaso dos 12 temas do disco de “Chané na Habana”, gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia para sexteto de jazz e camerata clásica. Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané, unha das figuras do rexurdimento musical galego a finais do século XIX e que morreu na Habana no 1917. Co obxectivo de ofrecer unha visión nova e desprexuiciada do clásico galego abórdase a súa obra dunha forma inédita: desde o sentir musical cubano. Chané viviu e desenvolveu grande parte da súa obra na Habana, onde morreu. Hoxe, cen anos despois da súa morte, son unha selección de extraordinarios músicos liderados polos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz os que abrazan e reelaboran o seu repertorio para devolvelo con unha nova vitalidade ao maxín popular galego.