21 horas. Rafael Amor 23:30 horas Last Dreamer

4/May/2019 - 9:15pm

21 horas. Rafael Amor

23:30 horas Last Great Dreamers | Inconfundible power pop británico |UK

Probablemente a mellor banda do seu xénero que teñas escoitado, conseguiu unha formidable reputación a mediados dos anos noventa axudada do seu fascinante estilo en directo. Influencias e semellanzas diversas enriquecen de matices: T-Rex, Mott, Hanoi Rocks, The Kinks, Green Day, Cheap Trick... No 2016 Last Great Dreamers abriron os shows para Darkness, Terrorvision, Hey Hello & Tigertailz... e lanzaron dous novos singles «Dope School» e «Glitterball Apocalypse» que alcanzaron ambos o primeiro posto nas listas de TBFM (The Original Biker Rock Radio Station) e HRH (Hard Rock Hell Radio). Na primavera do 2017, completaron unha xira de dezaseis datas e moito éxito no Reino Unido como invitados especiais de The Quireboys. Ademais tocaron no escenario principal do HRH AOR Festival. En novembro dese mesmo ano entraron de novo en estudio; a gravación do seu último traballo xerou moita expectación no Reino Unido. Por suposto, a edición de 13Th Floor Renegades no 2018 volveunos colocar na primeira liña. Last Great Dreamers regresan para quedar con nós… É seguro que o seu show enérxico en vivo estará cheíño de potentes e apegadizas cancións de power pop e glam rock. Emoción e glamour!