Wealman

23/Jan/2020 - 10:30pm

Wealman | Jazz/rock... | 22:30 horas Ciclo Camiño ao XXX Aniversario Festival de Jazz de Lugo

Rodrigo Muñoz: batería; Gonzo Piña: baixo; Toño Otero: saxo; Chema Corredoira: guitarra.

Trío lucense liderado polo batería Ro Muñoz con Gonzo Piña ao baixo e Toño Otero ao saxo. Agora o trío está convertido en cuarteto coa guitarra de Chema Corredoira. Fusión de xéneros como o funk, o rock, o jazz e a música electrónica. Un luxo de concerto. Se non os vistes, non sabéde-lo que perdedes... Avisados quedades.