The Robert J. Hunter Band | Blues

23/Feb/2019 - 11:30pm

The Robert J. Hunter Band | Blues

Robert J. Hunter: guitarra e voz; Greg Sheffield: percusión; James Le Huray: baixo. Robert J. Hunter chega a España desde as illas británicas. Combina voz áspera e potente co son salvaxe dunha guitarra ben cargada de blues. Cunha enerxía imparable, desgarra o son para crear ritmos doces e frenéticos que te obrigan a move-la cabeza. O seu poderoso álbum de estrea, Songs for the Weary, recibiu o éxito nas listas de blues e a aclamación da crítica e o single «Demons» acadou o número un na lista de blues de iTunes no Reino Unido. Trala presentación en The Great British Rhythm & Blues Festival, The Robert J. Hunter Band foi escollida para competir no UK Blues Challenge no lendario Cavern Club de Liverpool. Estamos diante unha banda de blues sucio e desgastado que, no seu percorrido, foi mellorada ata a perfección por arte de labor perseverante e un gran número de shows en vivo. Incrible. Hala querer escoitar.
(Primeira vez na Península da man de Dwaves Events).