Pocket Corner | Jazz | Noruega Jazz no camino XXX Festival de Jazz de Lugo 1906

31/Oct/2020 - 11:00pm

Pocket Corner | Jazz | Noruega Jazz no camino XXX Festival de Jazz de Lugo 1906

Didrik Ingvaldsen: trompeta; Glenn Brun Henriksen: saxo alto; Aleksander Grønstad: guitarra; Ståle Birkeland: batería.

O grupo Pocket Corner é un dos principais e máis lonxevos da escena free jazz en Noruega. Fundado e dirixido polo trompetista Didrik Ingvaldsen no 1986, co decorrer dos anos converteuse nunha verdadeira institución pola que pasaron moitos dos actuais músicos do avant-garde noruegués como Paal Nilssen-Love entre outros. Herdeiro do son free creado por Ornette Coleman, impregna a súa música de elementos do jazz nórdico e da improvisación máis libre. O currículo de Didrik Ingvaldsen inclúe unha extensa formación en Noruega, Leeds (UK) e Nova York (Juliard), o traballo como profesor na cidade onde medrou, Stavanger, desde hai máis de trinta anos e unha extensa lista de publicacións, discos, grupos e colaboracións.