Ouzo Bazooka | Organiza: Rebel Flamingos

21/Feb/2019 - 10:00pm

Ouzo Bazooka | Organiza: Rebel Flamingos

De Tel Aviv chega o cuarteto Ouzo Bazooka, que leva ao campo da mestría a combinación do rock psicodélico co máis puro son do Mediterráneo Oriental; unha vertixinosa mestura entre Oriente e Occidente que se traduce nunha bomba exótica que chama a atención de público e críticos de todo o mundo e que converteu os membros da formación en embaixadores musicais en Tel Aviv de bandas como Pixies e The Hives.

Dignos herdeiros de Jefferson Airplane e do electrofunk turco, o ano pasado presentaron por primeira vez en España o seu directo de psicodelia oriental, entre outros escenarios no Get Mad! Festival e no Mayday Mambo Fest. Este ano, Ouzo Bazooka presentarán o seu novo EP Songs From 1001 Nights (Stolen Body Records) o dezaseis de maio no club El Perro de la Parte de Atrás del Coche.