III FESTIBLUS Ship of fools + Blues & Decker

19/May/2017 - 11:55pm

III FESTIBLUS

00:00 Horas Ship of fools + Blues & Decker

?Ship of Fools (Lugo) •

Silvia Viñas: voz; Iván Reija: guitarra; Saulo: guitarra; Ro Muñoz: batería; Fabio: baixo; Luis Monsalve: teclados.

? Blues & Decker (Asturias) •?

Gustavo Pérez: guitarra rítmica, voz; Guzmán Lanza: guitarra solista; Kike Cuetos: baixo; Diego Reyes: batería.

Blues & Decker non é un grupo de blues. Se ben nos seus comezos se definiu como unha banda de blues rock clásico, é igualmente certo que os seus integrantes se encontran tremendamente cómodos entrando e saíndo desa etiqueta en cada actuación e incluso en cada canción. Do que non cabe dúbida é da súa paixón pola música negra. Tódolos seus shows son debedores da tradición narrativa dos bluesmen e do poder guitarreiro que xa insinúa o seu nome, pero os seus case nove anos de experiencia proporcionáronlles una versatilidade grazas á cal poden harmonizar multitude de situacións. Locen estilo atípico dentro do blues pero non son alleos ao circuíto e xa teñen compartido escenario con lendas como Eric Burdon, Richard Ray Farrell, Sharrie Williams, Robert Cray e Eddie C. Campbell. Chama especial atención a súa participación no Festival Internacional de Blues de Béjar. Foron, así mesmo, merecentes do Premio AMAS 2013 ao mellor disco de rock de Asturias e do nomeamento ao mellor directo, ao que hai que engadir o de Guzmán Lanza a mellor guitarrista, no 2015 .