FESTIBLUS VI MARTINS ANEIROS BAND Rede Galega

11/Dec/2020 - 11:00pm

MARTINS ANEIROS BAND Rede Galega

Paula Martins: voz; Víctor Aneiros: guitarra; Marcos Sánchez: batería; Víctor Gacio: baixo.

Considerado un dos pioneiros do blues rock en galego, inicia a súa carreira en solitario no 1999 formando Víctor Aneiros & Blue Notes e editando Que el blues te acompañe. A Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins —quen fora voz da Big Botton Band— e de Víctor Aneiros —guitarrista galego que leva xa oito discos ás costas—. O verán pasado a cantante foi convidada do grupo deste ferrolán para as actuacións no Fisterra Blues Experience e no Discalzos Polo Festival, mais a orixe da súa alianza musical remóntase a hai máis dunha década. En Heroe Secreto, o disco que Aneiros editou no ano 2008, xa podiamos escoita-la súa guitarra acompañando a voz de Martins, que entoaba o himno da emigración galega «Unha noite na eira do trigo». Agora, xunto ao batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, embarcan para unha nova viaxe conxunta interpretando temas clásicos dos xéneros blues, rock e soul.