FESTIBLUS 5 The Soul Jacket

22/Mar/2019 - 11:30pm

FESTIBLUS 5

The Soul Jacket

Jorge Mizer: guitarra eléctrica & acústica, lap steel, baixo Fender, piano, percusión, voces; Guillermo Gagliardi: guitarra eléctrica, voces; Mauro Comesaña: batería, percusión, voces; Jann Zerega: baixo Fender & Greco; Xabier Vieitez: Fender Rhodes, Hammond, piano.

Plastic Jail (autoeditado, 2018) é o novo álbum da banda galega gravado en varias sesións durante os meses de abril a xullo do 2018 nos estudios Radar da cidade de Vigo. Con esta gravación á vella usanza The Soul Jacket alcanza a plena madurez pero, sorprendentemente, faino inventando de maneira revolucionaria unha fórmula inimitable de rhythm & blues, rock & roll e southern soul coa que xa sorprendeu a crítica e público no aclamado debut do 2011. Neste cárcere de plástico respírase un ambiente cargado e suorento, escóitase un son compacto, directo e acorde co tempo presente frenético e incerto, que inclúe chiscadelas a bandas como Big Star, John Lennon e os primeiros Heartbreakers, á vez que, neses medios tempos arrebatadores aos que o grupo nos ten avezados, resoan ecos de The Kinks e por suposto The Beatles. Unha volta á esencia máis pura e un paso de xigantes.