FESTIBLUS 5. The Narts

29/Mar/2019 - 11:30pm

FESTIBLUS 5

The Narts

Carlos Dr. Gilino: teclas, voz; Antón Torroncho: baixo; Plácido Vinseiro: guitarra, voz; Aitor el hijo de Patxi: batería. The Narts é un grupo formado por catro músicos novos pero cunha contrastadísima experiencia (The Lákazans, Ruxe-Ruxe, Mutant, Nao, Monoulious DOP, Grüvzilla, Anfibia, Jorge Casal, etc.) os cales, exercendo de profesores nunha escola de música, decidiron xuntarse para dar corda ás súas inquedanzas musicais, do que resultou unha curiosa e orixinal mestura que denominaron hard blues. Os seus concertos transfórmanse nunha comuñón entre a banda e mailos públicos todos, nunha vivencia chea de blues, rock e soul e de ganas de bailalos ata o esgotamento.