Evaristo Calvo. Monólogo con moito humor

27/May/2017 - 11:55pm

Evaristo Calvo ( Mofa e Befa, etc., etc.) | Monólogo con moito humor

O Barrantes presenta TEMPOS DO XESTAL

Barrantes é un personaxe que deu a coñece-la serie da Televisión de Galicia Casa Manola. Aquí foi onde naceu, pero agora salta da pantalla do televisor para ofrecernos en directo as experiencias dos seus tempos mozos: tempos do Xestal, de Peret, de Los Amaya, de Franco nas boqueadas, de verbenas que remataban en desfeita... Protestas obreiras, folgas de estudantes, discotecas de alto risco con ensalada de lapotes e subtracción de chupas de coiro... Barrantes é un mal exemplo para a mocidade polos seus hábitos: chúzase, fai o can, lávase pouco ou, ás veces, menos... Pero Barrantes, lonxe de ser pesimista ou derrotista, é un vividor, un librepensador; é amigo da esmorga, a rexouba e a retranca... Un trasno a quen lle importan nada os xuízos dos demais facendo un estritis emocional cheo de falta de vergonza: falta de vergonza para contar; falta de vergonza para rir de cousas serias; falta de vergonza para opinar á contra de todo... Falta de vergonza.