
DÍA INTERNACIONAL DO JAZZ
30/Apr/2023 - 1:00am
DÍA INTERNACIOANL DO JAZZ
13:00 horas .Vermú con Leticia Rey Trío.
Leticia Rey en formato trío: voz, guitarra, baixo, presentando o disco LuX, grabado en directo, e temas inéditos e algunha versión, cantando en galego, castelán e inglés. Leticia Rey é unha das claras promesas da música galega, tras gañar o Premio Estudios Mans da Fundación Paideia decidiu apostar en firme pola súa carreira musical.
Tarde/noite: 22:30 HORAS Diego Alonso 5tet + READY MADE
Diego Alonso 5tet trátase dun quinteto de jazz liderado polo saxofonista e compositor vigués que da nome ao mesmo, con Pablo Patiño ao contrabaixo, Antón Quintela á batería e os consolidados Xan Campos ao piano e Virxilio da Silva á guitarra, ambos referentes na escena do jazz a nivel internacional. A totalidade do grupo está formado por músicos galegos nados entre o 1984 e o 1997, sendo polo tanto un conxunto de músicos novos e cun grande compromiso co desenvolvemento de proxectos musicais asociados ao jazz e á improvisación en Galicia. Todos eles comparten unha profunda relación, tanto académica como laboral, co universo jazzístico galego e portugués, así como co resto da Península Ibérica e Europa formando parte de diversas iniciativas.
READY-MADE:
Sergio Abuín: guitarra; Martín Otero:piano;Pablo Patiño: contrabaixo: Esteban Lavigne: batería