Desirée Diouf. Sugar Drops. Ciclo 1906

24/May/2019 - 11:30pm

Sugar Drops 12.º Ciclo 1906

Desirée Diouf: voz; Gianni Scianname: baixo; Fede Rimini: teclados; Jefferson Otto: batería.

Este venres comeza o segundo concerto da nova edición do Ciclo 1906, Música para una inmensa minoría, coa voz de Desirée Diouf, a medio camiño entre o funk, o soul e o reggae. A voz de Sugar Drops atrapa á primeira escoita. Desirée, filla de senegalés e italiana, mírase no espello das grandes voces negras da historia: Aretha Franklin, Billie Holiday, Etta James, Nina Simone, Tina Turner... A súa música é un reflexo de todo isto, una mestura convincente e cohesionada de soul, jazz, funk e reggae cun toque afrobeat. Sons antigos á medida das novas audiencias. É unha das cantantes de moda en Barcelona, cidade na que reside desde hai unha década. Sugar Drops interpretan temas de grandes artistas da música soul e funk como Al Green, Otis Redding, Stevie Wonder, James Brown e Funkadelic.