Chuvisca | Narración oral

28/Mar/2019 - 10:30pm

Chuvisca | Narración oral

Chuvisca é un espectáculo de narración oral de Ángeles Goás e Simone Negrin, composto por unha selección variada de historias de vida cun toque fino de humor e unha nota musical. De temática libre e variada, permite que aparezan protagonistas do máis singular: futbolistas, traballadores a mantido, floristas, defuntos, nenas, camareiros, emigrantes, boxeadores... Pode variar en función do público e do lugar. Os contos que se contan nesta sesión son realidades que dan para rir, pensar e sentir. Fómolos atopando sobre a marcha en lugares tan especiais como Abadín e Turín.