Alpargata

17/Mar/2018 - 11:53pm

Alpargata | Rumba/cumbia/rock/jazz/funk...

Mario Boville: guitarra española, voz; Santi Cañete: baixo, voz; Ángel Cáceres: guitarra eléctrica; Jonathan Montoro: teclados; Jorge Vallejo: batería.

Alpargata presenta o seu terceiro e máis ambicioso traballo discográfico, Subiendo de Nivel. Unha vez máis, a banda madrileña, con máis de 10 anos de traxectoria nos escenarios, insiste no seu espírito independente e combativo. Neste álbum predomina, como norma, o eclecticismo: 13 cortes nos que a canción se alterna con elaboradas pasaxes instrumentais, viaxando desde a rumba e a cumbia ata o rock progresivo, pasando polo jazz e o funk. Co característico humor surrealista das súas letras, verdadeiro fío condutor do disco, aborda temas tan delicados e diversos como o futuro da sociedade, a guerra das relixións, a invasión extraterrestre e a existencia de Deus. Alpargata, que xa participou en festivais como Arenal Sound, Festival Revenidas (España), Bevrijdingsdag Wageningen e Tintse Zomerfeesten (Holanda), realizará no 2017 unha xira por diversos países do continente europeo