Chotokoeu

7/Dec/2017 - 11:45pm

Chotokoeu: "ATASEMPRE TOUR"

Martiña: voz e violín; Manute:guitarra e voz;Davizin:baixo e voz; Wily:guitarra;Braisete:saxo e EWI; Rubens Kape:batería

Tras unha década a bordo deste barco, o próximo ano cada un de nós seguirá o seu propio rumbo, rematando unha fermosa etapa chea de música, aventuras e emocións. Non temos palabras para describir o incrible que foi esta experiencia e o orgullo que sentimos por facer posible co noso esforzo e o voso apoio, un proxecto tan utópico e marabilloso como CHOTOKOEU.Lonxe dos divorcios e das rupturas conflictivas chegamos a este punto dun xeito consensuado sen problemas nin discusións que emborronen todo o vivido. Por iso, a familia seguirá unida, coas portas sempre abertas para o que faga falta e co desexo de que chotoko volva a soar pronto.Como vos contamos non temos palabras para describir o que foi isto pero si que estamos cheos de emocións para transmitilo cos nosos instrumentos nunha xira de celebración e de despedida que queremos desfrutar e compartir con tod@s vós!