30 Aniversario do Clavi

30/Dec/2016 - 11:30pm

30 Aniversario do Clavi

O día 31 de decembro o Clavi cumpre 30 anos... Pois... O día 30, a partir das doce e un minuto, xa é 31... E faremos unha festa na que participarán tódolos músicos que queiran e que levan anos tocando, gozando e facendo gozar a todo o marabilloso público que nos visita día tras día e noite tras noite. Tocaranse polo menos 30 temas, un por cada ano, pero... Estou seguro de que serán... Se non 30 horas de música, si unhas poucas. Músicos de grupos lucenses que levan moitos anos no escenario do Clavi (Jotinho’s, Cats and Monkeys, The Lonely Tracks, Ocean’s Garden, The Pie Lands, Banda Ancha, Claviband, Arrhythmia, Zootropa, Alupa, Carta de Ajuste, Blue Batons, Lacón con Grelos Blues Band, The Wireless “Tributo a Bob Marley, ”Paul Baker, Arifi, Ezequiel Orol, Chigliak, Iria Estévez e tantos e tantos...) agora estarán para celebrar por todo o alto esa meta formidable conseguida de 30 anos de música ao vivo, de paixón e de tolería pola música ao vivo, que vai animar a seguir, e seguir, e seguir...

Viva a música ao vivo!!!